Quen é Melemau
Melemau, deseño de moda e ilustración. Melemau somos dúas publicistas, Caridad e Belén. Unha crece co deseño e a outra, cos pinceis. Ambas nos recreamos coa arte.
Somos irmás, fillas e netas dunha estirpe de grandes mulleres, fermosas e fortes. Por iso, a nosa primeira colección Faces é unha serie de rostros de mulleres enigmáticas, con miradas cargadas de forza e ilusión, expresións que contan historias.
Na nosa xenética está gravado a fogo o amor pola natureza. Os animais son a nosa familia e as flores as nosas máis prezadas xoias.
Así, na nosa nova colección as protagonistas son as frescas hortensias, que agroman na zona sombría do xardín, o cacto, que aproveita os atardeceres cálidos para lucir a súa cor púrpura, e a roseira de alma serena, que observa como verdea o seu talo. Os animais que abrigaron a nosa infancia e que nos acompañaron ao longo do noso camiñar, a vaca, o galo, o pito e os cans, tamén forman parte da familia Melemau.
Que é Melemau
Melemau presenta un modo natural de vestir, creacións inspiradas, pezas belas e gozosas, con cortes de estudado deseño que alimentan o gusto pola roupa como obxecto de pracer.
En Melemau adoramos as camisetas e as suadeiras con alma, pezas únicas, obras de arte que saen á rúa para dotárense de movemento, protagonizando historias vivas e frescas.
As creacións de Melemau son pezas confeccionadas en Galicia, con mans cariñosas, en pequenas tiradas e con grande esmero. Tecidos cálidos, de 100% algodón de gran calidade. Impresións primorosas das cores máis limpas e profundas.
Estas son as pezas que nos gustan e así as presentamos na nosa web. Son prendas en serie limitada que facemos chegar cun certificado numerado. Tamén ofrecemos ilustracións orixinais en papel da máis alta calidade, libre de ácido e resistente ao paso do tempo. Acuarelas a base de mel que resultan en matices delicados de gran calidade.
Fainos moita ilusión compartir convosco Melemau, o noso proxecto máis persoal. Con todo o orgullo e toda a paixón.